versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión rebaixa as súas partidas para o 2010 case un dez por cento

[22/12/2009]

O Concello de Brión celebrou un pleno no que se aprobou o presuposto 2010 por importe de, 6.094.887 euros (un 9,67% menos que o actual). Nas contas resérvanse 1,23 millóns de euros a investimentos reais e supoñen unha ratio de investimentos de 845,93 euros por habitante. Foron aprobados cos seis votos a favor do grupo de Goberno e cos catro votos en contra de PP e BNG por malgastar en luz e unha piscina, entre outras partidas.

O alcalde, Xosé Luis García, definíu este presuposto de "austero, realista e solidario", que cualifica como "o mellor que se pode presentar nestes tempos de crise". E é que estes presupostos supoñen un descenso do 9,67% con respecto ao exercicio de 2009, no que se aprobaron unhas contas por un importe de 6.748.008 euros. Un descenso que non impedirá que o Concello de Brión poida manter o seu nivel de investimentos reais no municipio, pois aos 1,23 millóns de euros consignados nas contas hai que engadirlle os 767.000 euros do Fondo Estatal de Inversión Local, de sorte que durante 2009 se acometerán investimentos por un importe total de 1.994.770 euros. En canto a partidas de persoal, baixan un 0,4%.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion