versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Mocións contrapostas sobre o futuro do antigo IES de Viceso

[17/12/2009]

A maiores do debate presupostario, o pleno brionés deu moito de si no que ao antigo instituto de Viceso se refire. O debate xurdiu tras unha moción do Partido Popular que instaba ao Concello a recibir o inmoble para buscarlle un uso municipal, ben como centro sociocultural ou como residencia da terceira idade. Esta proposta foi rexeitada polo goberno local, fronte á abstención do BNG e o voto afirmativo do Partido Popular.

Como contrarréplica a este asunto, o grupo de goberno propuxo instar á Xunta a que manteña a propiedade do inmoble, adoptando medidas preventivas para evitar actos vandálicos e roubos, ademais de colaborar co Concello para buscarlle unha utilidade de carácter público e que proceda á inscrición no Rexistro da Propiedade o terreo e a edificación, dado que nestes momentos o antigo instituto de secundaria é unha propiedade que non está rexistrada.

A iniciativa prosperou co voto a favor de goberno socialista, o rexeitamento do PP e a abstención do BNG. O pleno tamén aprobou incluír o arranxo das pistas deportivas de colexio de Pedrouzos no segundo Plan E.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion