versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba un presuposto cun recorte do 9,6% sen reducir investimentos

[17/12/2009]

Dos 6,7 millóns de euros do exercicio, o segundo plan estatal de inversión local achegará 767.000 euros. O Concello de Brión foi o primeiro da bisbarra compostelana en ratificar as previsións de ingresos e gastos para o próximo ano, unha proposta que saíu adiante cos votos do goberno local (PSOE) e o non de populares e nacionalistas.

Así, tal e como a crise facía prever, as estimacións de ingresos e gastos caeron respecto ao ano pasado. Porcentualmente, este descenso supón un 9,67% respecto ao exercicio do 2009 deixando o resultante de ingresos e gastos para os próximos doce meses en 6.748.008 euros. Malia este recorte, o grupo de goberno destaca o mantemento do nivel de investimentos do ano pasado porque, aos 1,23 millóns de euros consignados nas contas, hai que engadir os 767.000 euros achegados polo Estado con cargo ao segundo Plan E, o obxectivo do cal é aliviar os efectos da crise económica e fomentar o desenvolvemento económico sostible.

Os proxectos máis ambiciosos dende o punto de vista económico corresponden coa primeira anualidade do proxecto da piscina climatizada cuberta, cun importe de 630.440 euros. As contas do 2010 tamén reservan trescentos mil euros para a terceira anualidade da reforma da futura casa consistorial de Pedrouzos, que ocupará a denominada Casa do Picón. A maiores, os presupostos inclúen 75.000 euros máis para a dotación de mobiliario do inmoble e case cen mil euros máis para o acondicionamento da praza pública fronte ao edificio.

Tamén no apartado de investimentos están reservados 34.000 euros para a compra de terreos para o punto limpo, 32.000 máis para reparación de beirarrúas e vinte mil euros para a compra dunha rozadora.

Un dos aspectos que máis destaca o Concello é que as contas do 2010 teñen consignados 1,98 millóns de euros para gatos correntes en bens e servizos que se prestan aos veciños, o que supón un 32% do presuposto e implica unha suba de 4,6 puntos porcentuais respecto ás contas agora en vigor. O Concello xustifica este aumento pola súa aposta «por manter ou nivel de servizos que se prestan á poboación, en especial nestes intres de crise económica».

En canto aos gastos, o presuposto recorta nun 0,4% a partida de persoal e recolle un incremento salarial do 0,3%. Un dos datos salientados polo alcalde é a conxelación dos gastos de protocolo e dos salarios de cargos públicos e indemnizacións aos grupos políticos.

O PP criticou gastos como a piscina e o BNG reclamou unha redución do gasto corrente.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion