versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión entregará 3.500 calendarios aos seus veciños con fotos do seu concurso ambiental

[16/12/2009]

O Concello de Brión repartirá un total de 3.500 calendarios, un almanaque que incluirá as fotografías tomadas por veciños do municipio que resultaron premiados no primeiro Concurso de Fotografía Ambiental de Brión, celebrado o pasado mes de xuño.

Neste concurso participaron 70 imaxes que tiñan en común que todas elas plasmaban os recursos naturais do municipio. Entre as doce incluídas no calendario destacan imaxes dos ríos Pego e Tinto; paisaxes de Cornanda, Luaña, Brión e Torre; monumentos como a Ponte dous Mouros de Bastavales e o muíño de Goiáns, en Luaña.

Como complemento, o calendario inclúe teléfonos de interese público do municipio. O almanaque entregarase con cada exemplar da revista Altamira, que o Concello edita para informar os veciños de distintos asuntos de interese.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion