versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Oroso tamén se beneficiou onte da iniciativa do Centro Multimedia de Galicia

[15/12/2009]

Os nenos de Brión non foron os únicos da bisbarra compostelana que puideron ver a Papá Noel na súa cabana de Laponia. Conectados nun telecentro de similares características ao de Pedrouzos, escolares de Oroso falaron tamén co ancián de barbas brancas e o atiborraron a preguntas e solicitudes de regalos.

Ambas as dúas actividades foron posibles grazas ao proxecto Comunícate, promovido polo Centro Multimedia de Galicia, que quere converter os telecentros da comunidade nun punto de encontro para a poboación, neste caso a máis nova. E unha boa forma de facelo son actividades como as desenvolvidas onte e as previstas nos próximos días. A maiores, os municipios de Oroso e Brión previron durante este mes novas colaboracións dos seus respectivos telecentros durante estas datas de Nadal.

Por outra banda, ambos os dous telecentros continuarán funcionando de forma gratuíta para impartir cursos, organizar reunións de traballo e videoconferencias de contido educativo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion