versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As cartas xa non son o que eran

[15/12/2009]

Un grupo de escolares do colexio de Pedrouzos, en Brión, falou con Papa Noel en Laponia por videoconferencia para pedirlle un esqueleto ou un coche de carreiras. En fila india e agarrados da man por toda a carballeira de Santa Minia. Así entraron no telecentro municipal os nenos da gardaría pública de Brión para conectarse por Internet con Papá Noel, que os esperaba coa súa barba branca e o seu traxe vermello fronte á súa cabana de Laponia en perfecto estado de revista para escoitar todas as súas demandas de regalos.

Os nenos e nenas, visiblemente emocionados, ocuparon os asentos deste telecentro baixo a atenta mirada dos seus profesores e Santa Claus, que os agardaba con certa impaciencia para preguntarlles que querían como regalo para Nochebuena. Será pola idade ou porque Papá Noel recibe millóns de demandas de regalos, o certo é que este santo do norte non tiña moi claro que eran os bakugan, uns xoguetes con gran demanda entre os peques de Brión. Elas, máis tradicionais, decantáronse enseguida polas Nancys, os bonecos coas que a bo seguro xogaron as súas nais e que nunca deixaron de estar de moda.

Leite e galletas

Co único requisito de que os pequenos de Brión lle deixasen un vaso de leite quente e unhas cantas galletas, Papá Noel ofreceuse a cumprir todos os seus desexos. Semellante xenerosidade propiciou que algúns pequenos lle pedisen dende «un robot que cambia de cor se o mollas con auga quente ou fría», «un esqueleto que estea enteiro», «un coche de carreiras pero do meu tamaño», e ata un poni, «pero que sexa de verdade». Motos adaptadas para nenos e varias bicicletas, «pero que non teña ruedines», foron outros regalos que pediron os nenos, que pese ao receo inicial enseguida colleron carrerilla e non se cortaron nin un pelo á hora de levantar a man para para falar con Santa Claus, que antes de confirmar a chegada dos regalos lles preguntou a todos se se portaran ben. Como colofón á entrevista on line, os nenos despediron a Papá Noel cun vilancico.

A anécdota do día protagonizouna un nena que solo pediu «uns folios», quizais para escribir a carta tradicional de toda a vida a Santa Claus canto antes, por se acaso remataban os xoguetes.

A conexión on line de onte foi a primeira dun total de tres sesións, xa que a pretensión dos organizadores é que todos os nenos de ata cinco anos de idade poidan falar mediante este sistema con Papá Noel e trasladalo as súas peticións de regalos, así como escoitar as súas recomendacións e consellos para que o día 24 reciban como merece ao ancián procedente de Laponia e aos seus renos

A segunda sesión está programada para mañá entre as dez e as dúas de tarde. Neste caso corresponderalle a quenda aos nenos e nenas da gardaría municipal, con idades comprendidas entre os 2 e os 3 anos. Para ese mesmo día tamén teñen hora reservada os alumnos das escolas unitarias de Os Ánxeles e Luaña. O día 18 tocaralles aos alumnos da escola unitaria de Sabaxáns ademais dos alumnos de dous cursos do colexio de infantil e primaria de Pedrouzos.

O telecentro brionés ocupa o antigo salón de plenos da Casa do Concello situada na carballeira de Santa Minia.

As instalacións sufriron unha profunda transformación e as a antigas mesas dos concelleiros e funcionarios deron paso a unhas instalacións moi modernas e luminosas que nada teñen que ver co vello salón de sesións, que se trasladou ao centro polivalente ata que se rematen as obras de remodelación da futura casa do concello, que ocupará a Casa do Picón.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion