versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Martes, 21 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os descontos non animaron as vendas no 'outlet' navideño de Brión

[15/12/2009]

Os organizadores recoñecen que non se cumpriron as expectativas e culpan a crise. Tiñan todas as súas esperanzas postas en que os días previos á época máis consumista do ano, o Nadal, fosen bos para poñer en marcha un outlet navideño, con grandes ofertas e descontos para animar vendas e consumo, pero non foi así. Os organizadores do outlet de Brión recoñecen que as vendas rexistradas na cita da pasada fin de semana non cumpriron as expectativas, a pesar de que cifran en dez mil as persoas que visitaron a feira entre o venres e o domingo. "Teremos que reformularnos organizar só os outlet coincidindo co final de tempada de verán e inverno", recoñecía María Vidal, responsable do evento.

Os organizadores culpan a crise dos malos resultados, pero van máis alá e tamén cren que hai moitas feiras de liquidacións e saldos "que están a dar mala imaxe, porque non están organizadas por profesionais do comercio". Neste sentido, Vidal explicou que ao outlet de Brión só acoden comerciantes que levan os mesmos produtos que poden atoparse nos seus establecementos. Este tipo de citas foron creados, segundo explicou, para permitir aos pequenos comercios liberar os seus stock antes de iniciar a nova tempada.

Así durante estes días puideron atopar artigos de primeira calidade con rebaixas que van dende o 20% ao 70% e promocións de 2 x 1 en artigos de tempada. As maiores vendas foron en artigos de consumo propio, pero as propostas para a adquisición de regalos de Nadal, como os tradicionais xoguetes, non tiveron o eco esperado.

Sorpresas

A maior parte dos 50 establecementos que se sumaron á cita eran de téxtil e calzado, aínda que tamén se sumaron tendas de regalos, electrónica e fogar.

Nesta edición, ademais, os nenos contaron coa presenza de Papá Noel, que instalou o seu trono na planta baixa do centro e escoitou as súas peticións, e como novidade, e con éxito, funcionou un posto de castañas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion