versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O concurso brionés de pintura Novos Valores aumenta os seus galardóns e a franxa de idade

[15/12/2009]

O Concello de Brión volveu poñer en marcha a súa aposta polos artistas noveis, e acaba de convocar a sexta edición do certame de pintura Novos Valores 09, no que poderán participar artistas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos, segundo explica Patricia Vázquez Lamas, concelleiro de Cultura. Ademais, decidiuse incrementar nun 75% a contía destinada a premios, ata chegar aos 3.500 euros.

Outra modificación substancial é a apertura do certame a artistas maiores de 30 anos, así como no cambio nas franxas de idades das dúas categorías establecidas. Deste modo, a sexta edición do certame contará con dúas categorías: de 14 a 17 anos (con dous primeiros premios de 600 e 400 euros); e maiores de 18 anos (con dous premios de 1.500 e 1.000 euros). As catro obras premiadas e unha selección de todas as presentadas conformarán unha exposición que o Concello de Brión organizará no Espazo das Artes, sito en Pedrouzos (Brión). Unha exposición que poderá ser visitada entre o 12 de febreiro (data na que se divulgará a lista dos premiados) e o 12 de marzo.

En canto ao prazo de presentación de obras, abríase onte e está previsto que se prolongue ata o 16 de xaneiro de 2010. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de temática e estilo libres, e que non fose presentada noutro certame. Respecto ás dimensións do cadro, oscilarán entre 150 e 80 centímetros, non admitíndose obras cubertas con cristal.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion