versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Comunidade educativa e Corporación esixen que se reparen as pistas do colexio de Brión

[15/12/2009]

O BNG avoga por usar o FEIL, o alcalde sinala á Xunta e o PP, ao Concello. A comunidade educativa de Pedrouzos, Brión, está que trina ante o abandono das pistas escolares do colexio da localidade, e dende a Corporación apuntaron distintas vías para facer realidade unha reforma que xa tarda.

Desta forma, o 23 de novembro o BNG facía pública unha moción instando a que se arranxasen as pistas de cemento e as bancadas do colexio de Pedrouzos, a través do plan FEIL, se era posible. Uns días máis tarde, o 4 do presente mes, o alcalde esixía que fose Educación a que se pronunciase sobre as demandas dos responsables do colexio de cara a acometer estas reparacións, estimadas en 51.252 euros. Para concluír, o PP deixaba claro o pasado día 11 que o mantemento das infraestruturas educativas é competencia municipal, e avoga por que se escoite a ANPA Andaravía.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion