versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Recta final para o transporte

[15/12/2009]

A Xunta probará en xaneiro a máquinas canceladoras no autobús metropolitano. Creará un sistema homologado de perfís sociais para as tarifas subvencionadas. Tras interminables aprazamentos na posta en marcha do novo convenio de transporte metropolitano o subdirector xeral de Mobilidade, Antón García Río, transmitía aos munícpes dos concellos afectados o compromiso da Consellería de Territorio de aferrarse ao prazo fixado para a posta en marcha do servizo con nova regulación: o primeiro semestre de 2010, "e pódese ser en maio non será en xuño".

García Río, acompañado de dous técnicos do seu departamento, trasladou este posicionamento aos representantes municipais de Ames, Teo, Brión, Val do Dubra, Vedra, Boqueixón, Oroso, Touro, Trazo e O Piñeiro, concellos beneficiarios do futuro servizo.

Así mesmo, describiulles o status quo actual do proceso. A día de hoxe, as máquinas canceladoras das tarxetas de transporte (o grande obstáculo técnico atopado ata o momento) atópanse en proceso de homologación, un procedemento que rematará en menos de dúas semanas, dado que unha das empresas encargadas xa o concluíu e as outras dúas se atopan a punto. Así, pasados estes quince días comezarán a probarse en A Coruña a principios do novo ano. Posteriormente comprobarase o software restante para, por fin, poñer en marcha o servizo, que manterá as características e as liñas proxectadas polo anterior Goberno bipartito.

Como novidade, García Río anunciou que a Dirección Xeral de Mobilidade tomará a iniciativa na configuración dun sistema común de definición de perfís sociais para a concesión de bonos e o establecemento de tarifas diferenciadas. Esta iniciativa xa se formulara entre os concellos, que recibiron con satisfacción a noticia de que a Xunta se fará responsable.

O obxectivo final é a homologación de todos os perfís sociais das diferentes redes de transporte metropolitano de Galicia.

Por último, a Xunta sinalou que iniciará un estudio do estado das marquesiñas para comprobar a súa situación real e o estado en que se atopan. Así mesmo anunciou que inverterá en elas 100.000 euros o próximo ano e outros 200.000 en 2011.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion