versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Último día para os 2 X 1 e rebaixas do 60% no 'outlet' de Brión

[13/12/2009]

A afluencia foi alta durante toda a tarde. En 2010 están previstas dúas novas edicións. Remátase o prazo para os que desexen anticipar a adquisición dos regalos de Nadal con descontos de ata o 60% e, mesmo, promocións do 2 X 1 en roupa de tempada. E é que hoxe, ás 21.00 horas, pechará as súas portas a edición do outlet que promove o centro comercial Monte Balado e a asociación de empresarios Altamira en Brión. Xa onte, pola tarde, a afluencia de devotos das gangas foi máis que destacable, segundo apuntaban os propios comerciantes.

E no día de hoxe, a feira terá unha duración máis reducida por ser xornada dominical e prolongarase -iso si, sen interrupción- dende as once da mañá ás nove da noite. Como sempre, a oferta dos máis de cincuenta comercios presentes abranguerá sectores tan diversos como o téxtil, o dos mobles, os electrodomésticos ou, mesmo, a alimentación, cun posto exterior de embutidos, queixos e sobremesas que está a facer furor. A entrada, ao igual que o aparcamento, serán gratuítos, e os que non se queiran perder camba da edición poderán mesmo quedar a comer no restaurante e cafetaría á súa disposición.

Os máis peques, pola súa banda, terán no seu manohablar co mismísimo Papá Noel, que ten o seu trono aberto en horario de mañá e tarde na planta baixa, e sacarse fotos con el. Destacar, segundo apuntaban dende a organización, que para o ano 2010 se prevé limitar as edicións a dous, coincidindo co fin da temporara inverno e a de verán. Por o de pronto, e para paliar a espera, aínda quedan once horas de compras ininterrompidas hoxe en Monte Balado.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion