versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A brionesa área comercial de Monte Beado acollerá un novo Outlet entre os días 11 e 13 de decembro

[07/12/2009]

A área comercial Monte Beado, de Brión, está a traballar nunha nova feira de oportunidades para os días 11, 12 e 13 deste mes. A maiores tamén previron un novo mercado de oportunidades que se celebrará en xaneiro, coincidindo co tramo inicial das rebaixas.

A decisión de continuar con este tipo de actividades está no éxito obtido en anos anteriores, así como no Outlet celebrado o mes pasado, na oferta do cal se incluían vehículos de ocasión. O mercado da próxima semana está organizado polo centro comercial, que conta coa colaboración da asociación de empresarios Altamira e o propio Concello.

O horario desta nova feira de oportunidades será o mesmo que en citas anteriores, con apertura ás dez da mañá e atención ininterrompida ata as dez da noite. Unha das vantaxes que achega a área comercial de Brión é o acceso gratuíto ao recinto, con servizo de aparcamento sen custo engadido.

A maiores, a organización destaca a localización de Monte Beado, un espazo comercial de recente construción a menos dun quilómetro dos accesos da autovía Santiago-Ames, o que o converte nun lugar accesible dende toda a bisbarra de Santiago e áreas de poboación limítrofes

A organización confirmou a presenza de medio centenar de establecementos de toda Galicia cunha variedade de produtos que inclúe roupa, calzado, electrodomésticos e tamén mobles. Con todo, os promotores do Outlet teñen aberto o prazo para incrementar o número de participantes nesta feira.

De forma paralela, o centro comercial mantén unha campaña de captación de establecementos no seu desexo de incrementar a súa oferta comercial permanente, con facilidades económicas para a compra ou aluguer de locais.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion