versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Conclúen os traballos da nova praza pública de Brión e as beirarrúas para mellorar o acceso ao colexio

[09/12/2009]

Brión dispón dende hai varios días dunha nova praza pública no núcleo de Pedrouzos, fronte ao centro de saúde do municipio. Esta obra, executada polo Concello cunha inversión de oitenta mil euros, comezou co derrubamento dun edificio municipal na zona que hoxe ocupa o novo espazo público. O proxecto tamén incluíu unha ampliación do tramo de beirarrúas neste punto de Brión, ademais dun novo sistema de iluminación. Con esta mellora refórzase a seguridade vial nun tramo moi transitado, sobre todo polos alumnos dos distintos centros educativos que se concentran esta parte de Pedrouzos, capital do municipio.

A maiores, o proxecto incluíu a reserva dun espazo para aparcamento, pero aínda que non son moitas prazas si supón un alivio para os usuarios do ambulatorio de saúde e tamén do centro cultural polivalente, situado na mesma zona. A nova praza ten un deseño de dúas alturas, con espazo con bancos na parte alta, unha pequena zona verde e varias árbores. Na parte baixa, a maiores dos espazos reservados tamén para bancos e árbores, tamén está a zona de aparcamento. Ademais da praza pública e o tramo de novas beirarrúas, o Concello brionés proxecta no mesmo espazo o acondicionamento do edificio municipal que quedou en pé na zona. O devandito inmoble, situado xusto ao lado do instituto de secundaria, era un almacén e cando os traballos estean listos, explica o Concello, «destinarase a oficinas municipais».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion