versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Área Comercial Montebalado celebra o IV Outlet Navideño

[08/12/2009]

Serán os días 11, 12 e 13 de decembro, en horario de 10.00 a 22.00 horas, e a entrada será gratuíta. Despois do éxito alcanzado nas tres edicións anteriores, a Área Comercial Montebalado de Brión organiza o Cuarto Outlet Navideño, en colaboración coa asociación de empresarios Altamira e o Concello. En Montebalado estarán presentes durante eses días máis de 50 comercios de toda Galicia, que ofrecerán produtos variados, como roupa, calzada, electrodomésticos, mobles, etc., a prezos moi rebaixados, para que os visitantes poidan facer as súas compras de Nadal con descontos especiais.

O centro comercial ofrece, ademais, unha serie de servizos para facer máis cómoda a asistencia a mercados deste estilo que, a partir de agora, se celebrarán cada mes, como son aparcamento, restaurante, cafetaría e parque infantil. Como novidade, este ano haberá un concesionario que, pola compra dun coche, regalan outro. Ademais, Área Comercial Montebalado pretende incrementar a súa oferta, dando aos comerciantes todas as facilidades para o aluguer ou venda de locais no centro comercial. Para todos os interesados en recibir información sobre este outlet e as ofertas de Montebalado, a organización dispón de páxina web.

Razón Social / Área Comercial Montebalado

Teléfono / 698 135 720

Web / www.feiradesaldosbrion.com

Brión (A Coruña)
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion