Beirarrúas e praza para a zona escolar de Pedrouzos, Brión
[08/12/2009]
O Concello de Brión acaba de rematar a urbanización do Paseo de Pedrouzos, no ámbito escolar, coa construción dunha nova praza pública na baixada cara ao Instituto de Educación Secundaria. O proxecto, que conta con máis de 80.000 euros e que executou, durante catro meses, a empresa Eulogio Viñal, incluíron novas beirarrúas e canalizacións na mesma baixada. Ademais das anchas beirarrúas, incluíuse unha nova iluminación, traída e saneamento. Tamén se acondicionou como plazoleta o espazo no que antes se situaba un galpón municipal. Unha vez rematadas as obras, o Concello de Brión traballa na rehabilitación dun segundo almacén municipal situado na zona, ao lado do instituto.
Enlace a El Correo Gallego