versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Detecta un 'coladero' de fauna na AG-56 tras chocar cun xabaril

[09/12/2009]

A vítima do sinistro acontecido hai un ano na saída de Aldea Nova aínda non cobrou os danos. A concesionaria da vía, Medio e o Tecor trasládanse a responsabilidade. O valado está sementado de buratos. O pasado xoves cumpríase un ano dun comentado accidente na autovía AG-56, entre Santiago e Brión. Un xabaril que incomprensiblemente atopábase na calzada da autovía caía enriba do vehículo no que viaxaba unha veciña de Ames.

Cumprido xa un prazo máis que razoable, a vítima, Inma Taboada e o seu marido, Francisco Mourón, ambos os dous veciños de Bertamiráns, recorrían a este diario para denunciar a situación de inseguridade vial en que se atopa a AG-56 precisamente no tramo en que a muller sufriu o sinistro, á altura da saída cara a Aldea Nova. Tal e como demostran as imaxes tomadas polo matrimonio, o accidente vivido por Inma podería repetirse con certa facilidade a día de hoxe xa que este tramo de vial se converteu nun coladero de animais debido aos numerosos e notables buratos que salpican o valado que, por lei, debe impedir o paso de animais á calzada de calquera autovía.

Nun segmento de estrada duns 100 metros, son máis dunha decena os buratos que inundan a valla, algúns deles de case medio metro de diámetro. Ademais, nalgúns puntos o valado non cobre todo o lateral da calzada, polo que quedan zonas sen protección. Del mesmo modo poden verse tamén partes do aramado que non se ancoran ao chan, polo que tamén consenten que os animais se colen.

A situación, contraria á normativa, conforma un evidente perigo que a vai agravado polo feito de que os sinistros con determinados animais poden converterse nun rompedeiro de cabeza aínda maior do que cabería supoñer, debido á burocracia específica que rodea o pagamento dos danos. No caso concreto de Inma Taboada, a día de hoxe aínda non cobrou polos prexuízos ocasionados polo sinistro. Segundo explica, inicialmente a concesionaria da autovía comprometeuse a facerse cargo, non obstante, posteriormente só afrontaban o 50% dos danos, alegando que a outra metade da responsabilidade recaía na condutora. Esta, en desacordo con esta interpretación, non acepto esta oferta. Tampouco a Xunta respondeu á petición da vítima desentendéndose malia ser a titular da estrada e polo tanto responsable do seu estado de seguridade, malia que a xestión estea externalizada. Pola contra, a Administración autonómica sinala como responsable ao Tecor -zona de caza autorizada- existente na zona, pero os responsables do mesmo tampo con recoñecen a súa responsabilidade sobre o xabaril, "porque ese día non era xornada de caza nin había batida ningunha autorizada". Entre tanto, a vítima segue sin recibir compensación.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion