versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Monte Balado adianta o Nadal en Brión con un outlet dende o día 11 ao 13

[04/12/2009]

O centro comercial brionés Monte Balado anticipa as festas de Nadal cun outlet onde todos os veciños da área poderán anticipar as súas compras ao mellor prezo os próximos días 11, 12 e 13. A campaña chega en colaboración coa asociación de empresarios Altamira e o Concello.

Dende a organización, sen deixar a un lado o matiz comercial, apuntan que a iniciativa busca que ningún fogar quede sen "cesta de Nadal", facilitando que enchela con produtos, artigos e regalos supoña un menor esforzo económico do que se realiza, xeralmente, nestas datas festivas.

O centro comercial Monte Balado abrirá en horario ininterrompido de 10.00 a 22.00 horas, e decenas de stands, que se sumarán á oferta dos comercios xa establecidos neste foro. Ofrecerán dende -xoiaría a téxtil, electrodomésticos, mobles ou regalos, entre outros moitos sectores representados o segundo venres, sábado e domingo deste mes. A entrada, por suposto, será gratuíta, así como o aparcamento, e haberá restaurante, cafetaría e un parque infantil. Os descontos, pola súa banda, serán do máis apetecible, e a organización cífraos en torno ao 50 por cento. Destacar que está previsto outro feiral para a volta de Reis, concretamente os días 8, 9 e 10 de xaneiro, xa de 2010.

Dende Monte Balado, para concluír, tamén recordan que se vai aumentar a oferta de espazo para establecementos que se queiran asentar no centro comercial, "dando un plus de facilidades para os que queiran alugar ou arrendar locais". Os interesados en subir ao tren poden facelo chamando o 698 135 720.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion