versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión sufoca un incendio en Ames e suma 35 intervencións urbanas durante este ano

[03/12/2009]

O servizo de Emerxencias de Brión extinguiu na noite do pasado martes un incendio nunha vivenda da avenida Rosalía de Castro de Milladoiro (Ames), un lume que comezou na campá extractora dun piso no que, malia a intensidade do fume, só contabilizáronse danos materiais.

O grupo de intervención brionés desprazou a dous vehículos sobre as dez da noite de antonte e hora e media despois o lume quedaba completamente controlado. Debido á forte humareda, os membros de Emerxencias de Brión tiveron que acceder ao inmoble con equipos respiratorios e unha cámara térmica, que lles serviu para comprobar que nese momento a vivenda estaba baleira.

Debido á alarma xerada polo suceso, ao lugar do accidente tamén acudiron axentes da Garda Civil con sede en Milladoiro.

Coa intervención do martes, o servizo de seguridade brionés suma no que vai de ano un total 35 intervencións de emerxencia en áreas urbanas da bisbarra de Santiago. Deles, Ames ocupa o primeiro lugar cunha vintena de intervencións, seguido de Brión con seis e Teo con cinco.

A estes hai que engadir únicas intervencións nos municipios de Negreira, Boiro, Rois e Padrón.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion