versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Monte Beado prepara o seu 'outlet' navideño para facilitar as compras

[01/12/2009]

Medio centenar de comercios ofertarán os seus produtos con grandes descontos. O centro comercial Monte Beado, de Os Ánxeles (Brión) ha últimado xa o seu outlet de Nadal, no que máis de cincuenta establecementos comerciais de toda Galicia van ofrecer os seus produtos con grandes descontos. A feira celebrarase no complexo os días 11,12 e 13 de decembro e busca facilitar ás familias encher "a cesta de Nadal de produtos, artigos e regalos cun menor esforzo económico do que se realiza, xeralmente, nesta época, segundo manteñen os seus organizadores.

Monte Beado organizada este Outlet de Nadal, en colaboración co Concello e a Asociación de Empresarios de Brión, Altamira. As portas do centro abriranse en horario ininterrompido de 10.00 da mañá ata as 22.00 horas, tempo no que o medio centenar de establecementos participantes ofrecerán artigos de roupa, fogar, calzado, regalo, electrodomésticos, mobles e alimentación con descontos que superarán o 50 por cento do prezo orixinal.

A entrada, como aconteceu no resto dos outles celebrados no centro, é gratuíta e os clientes disporán, tamén, de aparcamento, locais de restauración e un parque infantil para que os máis pequenos gocen. Hai que indicar, por outra parte, que os responsables de Monte Beado anunciaron que van aumentar a oferta aos establecementos que se queiran asentar no recinto, dando facilidades para os que queiran alugar ou comprar locais. Para obter información pódese poñer en contacto con responsables do centro no teléfono 698 135 720.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion