versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As obras do corredor a Brión cortan as vías ao empalme do Tambre e Roio

[12/11/2009]

Os usuarios deberán coller un desvío por Vilaverde, que máis adiante tamén será pechado. As obras de construción do corredor Brión-Noia, que se están a levar a cabo neste último municipio pecharán ao tráfico as estradas que conducen dende a AC-543 (Santiago-Noia) a Liñaio (empalme do Tambre) e dende Sampaio ata Santa María de Roio. Os responsables da obra avisaron o Concello noiés para que os usuarios utilicen o desvío previsto a tal fin, a través da estrada que conduce a Vilaverde, que unha vez volvan a ser abertos os outros dous viais tamén será cortada ao tráfico. O corte, que se iniciará a próxima semana prolongarase durante meses mentres duren as obras que afectan a estas zonas, segundo anunciou onte o alcalde, Rafael García Guerrero. Os tramos afectados están situados na parroquia noiesa de Santa María de Roio. O corredor que une as localidades de Brión e Noia estará completamente en servizo en marzo de 2011, aínda que o primeiro tramo desta infraestrutura -Brión-Martelo- estará listo no terceiro trimestre de 2010, segundo anunciou o pasado mes de xullo o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, pouco despois de tomar posesión do seu cargo.

Este vial está previsto conectalo coa futura variante de Noia na zona situada xunto á ponte de Ceilán sobre o río Tambre.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion