versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión organiza un curso obrigatorio para transportistas sobre manexo do tacógrafo dixital

[10/11/2009]

O Concello de Brión organizou un curso de catro horas de duración dirixido especialmente aos traballadores do sector do transporte de viaxeiros e mercadorías para aprender a utilizar un tacógrafo dixital, un mecanismo obrigatorio neste tipo de vehículos para regular os tempos de condución e descanso destes traballadores.

A inclusión desta actividade na programación formativa de Brión obedece a que se trata dunha formación obrigatoria para todas as persoas que traballen no sector. Neste caso, o curso, de catro horas de duración, é gratuíto e o único condicionante é que as persoas interesadas se anoten antes do día 20.

A oferta de cursos complétase cun taller de técnicas para fomentar a lectura mediante contos. Este taller durará doce horas repartidas entre os días 18 e 19 de decembro cun custo de inscrición de 15 euros.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion