versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O segundo Outlet de Brión mantivo a afluencia da edición anterior cun tímido recorte nas vendas

[10/11/2009]

A segunda feira de oportunidades organizada pola Asociación de Empresarios de Brión pechouse cun notable éxito, segundo a valoración facilitada polos propios organizadores. Baseándose nestes cálculos, a afluencia de visitantes foi similar á do primeiro Outlet, coa presenza dunhas vinte mil persoas repartidas sobre todo nas xornadas do sábado e domingo. En canto ás vendas rexistradas no centro comercial Monte Balado, que reuniu a unhas setenta sinaturas, o volume foi minimamente inferior á primeira feira, pero a asociación de empresarios de Brión destaca que, tendo en conta a época do ano de que se trata, o resultante foi altamente positivo.

Un dos aspectos destacados polos organizadores é que a actividade serviu para que persoas procedentes de toda a bisbarra e do ámbito de Santiago se achegasen ata Brión e tamén puidesen coñecer a existencia dunha oferta variada e de calidade da que moitos non tiñan constancia.

Tras a cita da pasada fin de semana, a asociación traballa xa na próxima feira de saldos, que xa ten as datas pechadas. Será os días 8, 9 e 10 de xaneiro, xusto no inicio das rebaixas de nadal. Con antelación ao terceiro Outlet, o propio centro comercial Monte Balado celebrará unha feira propia de temática navideño para os días 11, 12 e 13 de decembro. Este encontro xa o organizaron en anos anteriores aínda que confían en que as sucesivas campañas de promoción de Monte Balado permitan un incremento de visitantes e vendas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion