versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os saldos de Brión atraeron máis paseantes que compradores

[10/11/2009]

Os comerciantes intentarán de novo animar o consumo cos descontos na feira que teñen previsto celebrar durante decembro. Aínda que o mal tempo invitaba a visitar o centro comercial e os suculentos descontos a realizar compras, a crise segue sendo unha hándicap que frea as aspiracións de vendedores e consumidores. A II Feira de Saldos organizada polos comerciantes de Brión, e que se celebrou durante toda a fin de semana no centro Monte Balado, atraeu numeroso público, pero as vendas para moitos dos expositores non foron as esperadas. Malia iso, dende a asociación de empresarios Altamira, que preside José Abelleira, non se desiste no empeño e xa se empeza a preparar a terceira edición para decembro, mes tradicional de compras e no que os escaparates de descontos poden servir de revulsivo tanto para o comprador coma para o vendedor.

Cando o domingo a feira pechou as súas portas, entre os 70 expositores mesturábase tanto satisfacción como a resignación. Uns fregaban as mans cunhas vendas "moi boas" mentres que outros confesaban que entre os asistentes había máis mirones que compradores.

A roupa e calzado, novamente, foron os produtos con máis aceptación, aínda que a oferta era moito máis ampla xa que os asistentes podían elixir entre artesanía, mobles, electrodomésticos, enxoval do fogar ou mesmo unha grande variedade de alimentos que presentábanse na entrada do centro comercial e que ían dende os churros ás rosquillas, chourizos, licores, doce ou empanadas.

Tamén o sector do automóbil estivo presente nesta ocasión e os visitantes atopáronse con vehículos tanto novos como de segunda man, entre os que se ofertaba un Citroën Saxo por 1.500 euros, un Ford Fiesta por 5.000 ou un Ford Focus por 9.000 euros.

Os lotes de garantías por 4 ou 5 euros (roupa interior) tamén foron moi demandados. De tódolos xeitos, polos corredores do centro comercial de Monte Balado víase a moita xente sen bolsas. E é que as crises afecta mesmo á hora de comprar gangas.
 



Enlace a Tierra de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion