versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O ciclo brionés de teatro afeccionado presenta unha nova obra no centro de Pedrouzos

[07/11/2009]

A compañía teatral Víchelo Crego representa hoxe no centro social polivalente de Pedrouzos a obra A visita dá vella dama (20.30 horas), baseada nun texto de Friedrich Dürrenmat, dentro do segundo ciclo de teatro afeccionado Carballeira.

Víchelo Crego é unha asociación cultural nacida en 1999 para consolidar unha afección dun grupo de persoas unidas polo ámbito do teatro local. Integrada á Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), e dirixida por Margarida Cachaza, na actualidade está integrada por un grupo de persoas con idades comprendidas entre os doce e os sesenta anos.

O programa Outono Cultural do Concello de Brión inclúe este ano un total de dez actuacións teatrais gratuítas para todos os veciños do municipio, e que poden seguirse no centro social polivalente de Pedrouzos e no teleclub de Ons, promovidas polas asociacións culturais Carballeira e Pedra do Moucho.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion