versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Feira de saldos en Brión e sorteo dende a patronal nicrariense

[07/11/2009]

Altamira celebra a masiva asistencia ao foro de Monte Balado, que abrirá ata mañá. Na Barcala preparan a campaña de Nadal e subirán as cotas. As asociacións de empresarios da bisbarra seguen capeando a crise con imaxinación. Así, Altamira de Brión poñía en marcha onte unha feira de saldos -durará ata mañá- con 70 comercios e actividades para os peques que está a ser un éxito en Monte Balado. Igualmente, a Asociación de Empresarios e Profesionais de Negreira celebraba unha asemblea na que se anunciaba a campaña de sorteos navideño (con 5.000 euros) e o aumento das cotas aos socios ata 40 € ao ano.

Así, e no que se refire ao foro brionés, onte arrancaba con forza, e pola tarde chegaban as primeiras aglomeracións de clientes en busca de gangas. O téxtil, segundo a organización, foi un dos reclamos máis evidentes nun día con chuvia. Tamén estiveron moi requiridos os servizos de actividades para os peques. Ao respecto, hoxe está prevista a presenza de oleiros de Buño, que ensinarán aos nenos o manexo do barro.

Entre os alicientes desta feira de gangas está o aparcamento gratuíto e os servizos que achegan os establecementos hostaleiros do centro comercial onde se promove. Entre os sectores representados -en horario de 10.00 a 21.00 horas- están os de óptica, electrodomésticos, clínica dental, ferraxaría ou automoción, e os descontos alcanzan o 70%. Así mesmo, para os días 11, 12 e 13 de dicembre está prevista unha nova edición, ademais da das rebaixas, que chegará o 8,9 e 10 de xaneiro. Os interesados poden anotarse no 698 135 720.

Pola súa banda, o presidente da patronal de Negreira, Ramiro Furelos, anunciaba onte a próxima campaña de Nadal que fixará o importe dos premios segundo a participación de establecementos (aínda que espera chegar aos 5.000 euros repartidos en varios galardóns). Ademais, instou a unha suba das cotas, que se fixan en 40 euros ao ano, mentres que a inicial segue igual.

Entre as intervencións destacaron as dos que cren que a feira de saldos anual debe de pecharse a establecementos foráneos, para rebaixar a competencia nesta dura época. Non obstante, de aprobarse achicaría o feiral en canto a número de empresas e oferta, ademais de dificultar o acceso a subvencións oficiais, apuntaban dende a directiva da patronal barcalesa.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion