versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Éxito de público durante toda a fin de semana na Feira de Saldos de Brión

[09/11/2009]

Os setenta expositores venderon dende coches a roupa, calzado, mobles, electrodomésticos, artesanía ou enxoval do fogar. Había auténticas gangas. Calquera momento pode ser bo para ir de compras, pero se a fin de semana se presenta co ceo cuberto, mesmo con chuvia e frío, e existe a posibilidade de pasar o tempo nun centro comercial non se pode deixar pasar a ocasión. Iso foi o que pensaron os miles de persoas que se achegaron esta fin de semana a Monte Balado con motivo da Feira de Saldos que organiza a Asociación de Empresarios Altamira, de Brión, que preside José Abelleira.

Entre os setenta expositores había satisfacción e resignación. Uns fregaban as mans cunhas vendas moi boas mentres que outros confesaban que entre os asistentes había máis mirones que compradores. A verdade é que se podían atopar auténticas gangas sen necesidade de rebuscar demasiado.

Roupa e calzado foron os produtos con máis aceptación, aínda que a oferta era moito máis ampla xa que os asistentes podían elixir entre artesanía, mobles, electrodomésticos, enxoval do fogar ou mesmo unha grande variedade de alimentos que se presentaban na entrada do centro comercial e que ían dende os churros ás rosquillas, chourizos, licores, doce ou empanadas.

Nesta ocasión os asistentes atoparon con vehículos tanto novos como de segunda man, entre os que se ofertaba un Citroën Saxo por 1.500 euros, un Ford Fiesta por 5.000 ou un Ford Focus por 9.000.

E que dicir deses lotes que anunciaban grandes carteis como 4 bragas de señora -coma se puidesen ser de señor- por 5 euros, ou as ofertas dos abrigos e chaquetóns desigual que amontoaban varias mulleres ante as perchas, sen esquecer os secadores de viaxe por nove euros ou radios con reloxo dixital e espertador por só cinco euros. De tódolos xeitos, polos corredores do centro comercial de Monte Balado víase a moita xente sen bolsas. E é que as crises afecta mesmo á hora de comprar gangas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion