versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Abelleira achega 70 postos ata Saldos de Brión

[06/11/2009]

O centro comercial Monte Balado acollerá, desde hoxe e ata o domingo, unha gran feira de saldos con setenta expositores organizada pola patronal brionesa Altamira, en horario de 10.00 a 21.00 horas. O seu presidente, Xosé Abelleira, non para, e xa anuncia outro foro con temática natalicia nos días 11, 12 e 13 de decembro, ademais do das rebaixas, 8,9 e 10 de xaneiro. De tal forma, anima os expositores interesados a reservar chamando ó 698 135 720.

- Empezan a saír feiras de saldos baixo das pedras. ¿Como animaría os seus veciños da área a acudir á de Altamira?

- Gozamos do privilexio de celebrar a nosa feira na área comercial Montebalado, isto supón poñer a disposición dos visitantes todas as infraestruturas e servizos cos que conta un Centro Comercial. Dispoñemos de aseos, parques e talleres infantís, aparcadoiros de balde, servizos de cafetería e restaurante, caixeiro automático, hipermercado, servizo de perruquería. Para os máis pequenos haberá obradoiros e degustacións de balde de fontes de chocolate e froita.

-A outra metade da laranxa, os comerciantes que expoñen, ¿qué alicientes terán?

- Gozarán dun servizo de mantemento ante calquera incidencia durante todo o evento, servizo de iluminación e limpeza e grandes descontos nos hoteis do Concello para aloxarse. Outra das novidades foi a creación dunha páxina web (www.feiradesaldosdebrion.com) con información xeral e apartado para os expositores onde poden elixir localización.

-¿Que produtos e sectores terán ó seu alcance os visitantes?

- Nesta ocasión aumentánse non só o número de expositores que acoden á Feira, senón os sectores. Os visitantes encontraránse con comercios de roupa e calzado para todas as idades, óptica, electrodomésticos, mobles, antigüidades, utensilios e accesorios para o fogar, clínica dental, ferretería, automoción, perruquería e cosmética, con demostracións e suxestión, todos eles con descontos de ata o 70 por cento.

-¿Teñen datos sobre a afluencia de anteriores feiras?

-Nas feiras anteriores acudiron preto de 20.000 visitantes durante os tres días de duración do foro. Ademais,seleccionamos os expositores que acoden ó evento, filtrando a calidade do producto que veñen ofertar.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion