versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os nenos de Brión protagonizan o seu primeiro magosto

[29/10/2009]

O olor a castañas asadas encheu onte as aulas da gardaría municipal de Brión, onde os nenos celebraron o seu primeiro magosto do ano acompañados polos seus mestres. Todos os nenos, coa soa excepción dos bebés, puideron comprobar como se asaban as castañas, que despois puideron degustar, algúns por primeira vez na súa vida.

A preparación do magosto comezou hai días, cando os nenos se aprestaron a crear os adornos e decoración adecuados en forma de coroas, colares e debuxos que onte luciron na festa, ademais dos sombreiros de papel cos seus nomes. Deste xeito, os pequenos, divididos por aulas, saíron a un dos patios exteriores da gardaría para ver como se asaban as castañas.

Ademais da degustación, os nenos elaboraron cornetes de papel para levar castañas ás súas casas, recén quentes.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion