versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión abrirá de novo a súa grande feira dos saldos en Monte Beado os días 6, 7 e 8

[29/10/2009]

Tanto a entrada como o aparcamento serán gratuítos. Mellores prezos para clientes e expositores. A Asociación de Empresarios de Brión, tras o tirón dos seus I Feira de Saldos (celebrada en xuño), prepara outra edición do seu foro de gangas os próximos días 6, 7 e 8 de novembro. Colaboran na cita o Concello e a área comercial Monte Beado -que será a sede-, consolidando este feiral con dúas edicións diferenciadas: a de primavera-verán e outono-inverno.

Como sempre, a entrada e o parquin serán gratuítos, e haberá servizo de gardaría con actividades especiais, cafetaría e restaurante. Ademais dos expositores, haberá unha moblaría de máis de 1000 metros cadrados, tendas multimarca, salón de peiteado, ferraxaría, supermercado, dentista e caixeiro automático. O sábado haberá un taller de barro, e o horario prolongarase de 10.00 a 21.00 horas.

A AEB, ademais, quere realizar un chamamento "para invitar a participar a todos os expositores que quedaron fóra a edición anterior, posto que debido á gran demanda habemos ampliando a oferta de metros de exposición co seu consecuente abaratamento de prezo por metro". Anotacións no 698 135 720 ou www.feiradesaldosdebrion.com.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion