versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión gastará máis de cen mil euros en menús da gardaría durante dous anos

[28/10/2009]

O Concello convocou un concurso público para prestar o servizo a unha media de 72 nenos. O Concello de Brión destinará máis de cincuenta mil euros ao ano a sufragar os menús dos nenos matriculados na escola infantil, que atende a pequenos de entre tres meses e tres anos de idade.

A administración local convocou un concurso público para a contratación do servizo de cátering durante un período de dous anos, que corresponderá aos exercicios 2010 e 2011. A partida estimada polo Concello para a vixencia do acordo ascende a 108.000 euros, unha cantidade á que chega o Concello tras calcular que necesitará alimentos para atender a uns 72 nenos durante 22 días ao mes e once meses ao ano, xa que a gardaría de Brión pecha durante o mes de agosto.

O prezo unitario por menú calcúlase en 2,90 euros, unha cantidade á que se engaden máis de vinte céntimos de euro en concepto de IVE. En calquera caso, este prezo é o valor máximo que o Concello de Brión está disposto a aboar, xa que un dos criterios de máis peso á hora de adxudicar o contrato é unha rebaixa na oferta económica.

Completan o baremo, cun máximo do 10% da puntuación, o programa de traballo. Achegar material complementario para a prestación do servizo é outro dos criterios que computarán á hora de elixir a mellor oferta, así como o número de persoas adscritas á súa prestación.

A empresa que resulte adxudicataria deberá elaborar os menús diarios por semana e tempada, incluídos menús personalizados en caso de enfermidade dalgún dos alumnos da gardaría ou por razóns de tipo relixioso.

Responsabilidades

A compra e preparación dos alimentos é outra das competencias que asumirá a adxudicataria, que tamén deberá achegar o material no que entreguen os alimentos, ademais da limpeza e hixiene do enxoval utilizado.

Ao Concello brionés, corresponderalle, entre outros labores o da a programación xeneral do servizo, xestionar a incorporación de novos usuarios, o cobramento das taxas ás familias polo uso do servizo e o pagamento mensual á sinatura que resulte adxudicataria do cátering.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion