versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión envorcarase co Día de Santa Cecilia con catro xornadas abertas a oitenta veciños

[27/10/2009]

O Concello de Brión e a escola municipal de música Magariños organizan as primeiras Xornadas musicais Santa Cecía, que terán lugar os fins de semana do 14-15 e 28-29 de novembro. Serán catro xornadas, de doce horas de duración cada unha, nas que poderán participar ata oitenta veciños de Brión.

As clases terán lugar o sábado e domingo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e na tarde do sábado, de 16.00 a 20.00 horas. Os prezos de inscrición son de 15 euros por curso para menores de 30 anos e de 30 euros por curso para os maiores de trinta anos. As inscricións poderán formalizarse na casa dá cultura do Concello de Brión, na sede da escola municipal de música Magariños ou chamando ao teléfono 981 50 99 08, extensión 31.

Os dous primeiros cursos, Iniciación á percusión e Orquestración e instrumentación, terán lugar o fin de semana do 14 e 15 de novembro na escola municipal de música Magariños. A xornada de Iniciación á percusión está dirixido a maiores de 16 anos, mentres que a de Orquestración e instrumentación está orientada a persoas entre 13 e 18 anos.

Os outros dous cursos, Iniciación á harmonía e Educación auditiva terán lugar o fin de semana do 28 e 29 de novembro. Iniciación á harmonía está dirixida a rapaces de entre 12 a 18 anos, mentres que o de Educación auditiva está orientado a vecionos de entre 10 e 19 anos. O prazo de inscrición está aberto ata unha semana antes da celebración de cada curso.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion