versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O corredor Brión-Noia e as súas conexións levan o groso da asignación autonómica

[27/10/2009]

A vía de alta capacidade á costa recibe 6,5 millóns para o añ que vén e se prevén outros 2,6 de cara a 2011. Tamén se contempla a variante de Pedrouzos e os enlaces Santiago-Portomouro e Sogama-Mesón do Vento.

Malia que o programa electoral de Feijóo recollía que a autovía prolongación da autovía Santiago-Brión ata Noia sería unha realidade en 2011, a Xunta que preside anunciaba días atrás que quedase nunha vía de alta capacidade, sen consideración de autovía, que terá que esperar a 2015 para estar rematada.

Aínda con recortes, esta obra é, non obstante, o proxecto central que os presupostos da Xunta recollen para a bisbarra de Terras. Así, a partida específica destinada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o corredor Brión-Noia ascende a 6,5 millóns para 2010 e outros 2,7 de cara ao próximo 2011. Esta actuación complétase ademais con varios proxectos complementarios destinados a ramais e enlaces co futuro vial. Entre eles figuran os ramais de acceso Santiago-Brión, unha obra coñecida como a circunvalación de Pedrouzos á que a Xunta consigna 1,3 millóns para 2010 e prevé 2,7 para o ano seguinte. Tamén o desdobramento deste itinerario se contempla xa cunha asignación de 150.000 euros en 2010 e unha previsión de 350.000 para 2011.

Outra obra prioritaria será a conexión da N-550 dende Ás Galanas (Teo) e a AG-59 á altura de Cacheiras. En 2010 recibirá 100.000 euros e ten consignación ata 2013.

Entre os proxectos da Consellería de Territorio para Terras figuran tamén, o vial A Baña-Failde, cun millón para 2010 e outro para 2011; o de Santa Coma a Portomouro, que inicialmente recibirá só 65.000 euros, pero a consignación da cal se prevé ata 2013, establecendo para 2011, 200.000 euros. Finalmente, o enlace entre Sogama e Mesón do Vento recibe 137.000 euros e o de Santiago e Portomouro 104.669 en 2010 e 250.000 para 2011.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion