versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os empresarios de Brión organizan un novo Outlet en Monte Balado para os días 6, 7 e 8 de novembro

[24/10/2009]

A Asociación de Empresarios de Brión (AEB) decidiu explotar o éxito conseguido durante o pasado mes de xuño coa súa primeira feira de saldos organizando para a primeira fin de semana de novembro outro Outlet na área comercial Monte Beado con produtos téxtiles das tempadas de outono e inverno e obxectos atemporales.

A entidade optou por incrementar a superficie para conseguir unha maior oferta comercial, o que ademais implicará un recorte nos prezos pola ocupación de chan que deben aboar os participantes. Nestes momentos, os organizadores aínda están abertos a reservar espazos na que será a segunda feira de oportunidades que organizan en Monte Beado, centro comercial situado en Os Ánxeles, moi preto de Bertamiráns e da autovía Santiago-Brión.

O calendario xa está pechado, cun programa que arrancará o venres día 6 ás dez da mañá con horario ininterrompido ata as 21 horas durante a xornada inaugural e tamén o sábado e o domingo. Un dos retos dos organizadores é superar o número de participantes da cita de xuño, que roldou o medio centenar. E a teor dos datos facilitados pola propia entidade, esta proba é factible xa que recordan que houbo expositores que quedaron fóra por falta de espazo.

Outra das marcas a bater será tamén a dos visitantes, unha cifra difícil de superar porque segundo o colectivo de empresarios en xuño acudiron en torno a quince mil persoas.

Párking e entrada gratis

Para complementar a oferta, a asociación de empresarios brionesa recorda que o acceso ao recinto comercial será gratuíto e que ademais existe unha ampla superficie para aparcar sen custo algún.

Tendo en conta o perfil da área metropolitana de Santiago, con numerosas familias novas e fillos de curta idade, unha das actividades que non pode faltar é o servizo de gardaría, con actividades especiais para que os máis pequenos gocen mentres o seu familias están de compras.

Entre a oferta de produtos á venda destaca unha moblaría con máis de mil metros cadrados de superficie, tendas multimarca, salón de peiteado, ferraxaría, supermercado.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion