versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O goberno local estudará a proposta do BNG para crear hortos nos núcleos urbanos

[22/10/2009]

Aínda que o debate plenario estivo marcado polas propostas de índole económica, a quenda de mocións rogos e preguntas incluíu unha iniciativa do BNG para crear hortos urbanos nunha parcela situada preto do enlace brionés coa autovía, uns terreos vinculados á urbanización Lamas D 'Alvariño.

A iniciativa foi recibida de moi bo grao polo goberno socialista, pero o rexedor aclarou que os hortos urbanos non serán posibles de momento nese lugar porque a día de hoxe os terreos en cuestión non están recepcionados, polo que o Concello non ten ningunha posibilidade de intervención nestes, nin sequera para limpalos.

Iso si, o alcalde mostrouse receptivo á proposta ao considerar que esta parcela, próxima aos centros educativos de Pedrouzos, podía servir para que os alumnos fixesen prácticas hortícolas».

Pola súa banda, o Partido Popular solicitou máis información sobre o bono social de electricidade e avogou por organizar charlas informativas sobre a gripe A. O goberno local anunciou que a revista municipal que chega a todas as vivendas de Brión inclúe unha guía preventiva.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion