versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión aproba unha suba de taxas e impostos para facer fronte á crise nómica

[22/10/2009]

PSOE e BNG votaron a favor e o Partido Popular optou pola abstención. A corporación municipal de Brión aprobou onte cos votos a favor do PSOE e o BNG o plan económico e financeiro para o período 2009-2011 o obxectivo da cal é adaptar a economía local á situación de crise económica, máxime tendo en conta a drástica redución dos ingresos por taxas urbanísticas e imposto de construcións que sofre o municipio.

Este plan, que inclúe un incremento de varias taxas municipais, non foi referendado polo Partido Popular, xa que estas siglas cuestionan que en época de crise se produza un incremento na carga impositiva das familias.

Este argumento foi rebatido polo rexedor local, o socialista Xosé Luís García, que afirmou que a aprobación deste plan económico formaba parte da operación financeira referendada en verán por unanimidade para aboar débedas pendentes.

O cambio nas ordenanzas fiscais afectou ao Imposto de Bens Inmoveis (IBI), ao imposto de vehículos, ao de construcións e á taxa de actividades e servizos vinculados á hixiene urbana. Segundo o rexedor, o incremento impositivo non gravará excesivamente as economías dos brioneses xa que explicou que un recibo do IBI de 300 euros pasará co incremento a sumar 306 euros, mentres que a suba do imposto dos vehículos suporá, por exemplo, 33 céntimos de euro para un importe establecido en 30 euros

Ademais, o alcalde socialista reprochou aos populares que recentemente e tamén nun debate plenario este partido votou en contra do programa de gratuidad dos libros de texto desenvolvido polo anterior goberno autonómico.

Situación crítica

En canto ao BNG, o seu voceiro, Xosé Pena Espiña, recoñeceu que, se ben un incremento de impostos «non é politicamente vendible, é obvio que ás subas en termos relativos son moi pequenas e produto dunha situación crítica que hai que asumir».

Fronte a estas argumentacións, o Partido Popular afirmou que había outros mecanismos para que a carga impositiva non afecte as familias no seu conxunto, xa que existen instrumentos para conseguir ingresos económicos por outras vías.

A operación económica que obrigou á elaboración dun plan económico financeiro ascendeu a 600.521 euros, dos que 377.000 euros se destinaron a financiar o remanente negativo de tesouraría e os 223.000 euros restantes se empregaron en financiar obras pendentes.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion