versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Plan económico en Brión para facer fronte ás débedas

[22/10/2009]

O PP rexeitou a suba das taxas por chegar en época de crise. O BNG quere potenciar as hortas.Brión xa ten Plan Económico-Financeiro 2009-2011 grazas ao PSOE e BNG (o PP abstívose), para poder "aboar ás débedas pendentes do Concello con empresas e autónomos", tras unha operación por 600.521 euros (377.000 € para financiar o remanente de tesouraría negativo e 223.000 para obrigas pendentes).

Tamén se modificaron, ao fío do plan de saneamento, cinco ordenanzas fiscais: bens inmobles, vehículos de tracción mecánica, construcións, obras e instalacións, ademais do que grava o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e a taxa por actividades relacionadas con hixiene urbana. O PP opúxose e criticou a suba de impostos en época de crise, replicando o rexedor que a suba será "mínima".

Nas mocións aprobouse por unanimidade a proposta do BNG (emendada polo PSOE) para apoiar á Fegamp nas súas negociacións tendentes a mellorar o financiamento municipal. Outra do Bloque instaba a crear hortos urbanos na urbanización Lamas D 'Alvariño, quedando sobre a mesa porque aínda non se recibiron os terreos. O PP, ao non se admitir a urxencia das súas mocións, presentou como rogo a petición de información sobre o bono social de electricidade e a celebración de charlas sobre a gripe A.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion