versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Avanzan os desmontes da variante entre Os Ánxeles e A Picaraña para aliviar o tráfico

[20/10/2009]

A primeira fase unirá a rotonda do campo de fútbol de Brión con Soigrexa. A variante da estrada A Picaraña-Os Ánxeles (AC-300), que terá unha extensión de 1,4 quilómetros e circulará de forma paralela á AC-300 dende a rotonda de acceso á autovía Santiago-Brión, está xa máis preto. Así, os operarios completaban os obras de desmonte ata a rotonda situada a pé do novo campo de fútbol brionés estes días.

En canto ao trazado, a estrada subirá por ese monte ata a zona de O Tremo, deixando a un lado a aldea de Adoufe. Alí pasaaría por unha pista xa existente. O novo vial seguirá ata a estrada de Noia, eixe que cruzará mediante unha rotonda, para seguir pola vía que une Os Ánxeles e Soigrexa, que tamén será ampliado. Segundo datos da Xunta, este ramal terá unha plataforma de oito metros de ancho, con dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 2 metros. E o presuposto era de 2,5 millóns de euros (dos cales 780.000 destinábanse a pagar expropiacións de 81 parcelas).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion