versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Reclaman a Educación solucións para Viceso

[17/10/2009]

O alcalde recorda que o titular do edificio abandonado é o Xunta. Pide un centro de día. O alcalde de Brión, Xosé Luis García, "comparte e agradece" a preocupación dos veciños e antigos alumnos do IES de Esparís polo estado de abandono que sofren estas instalacións, que onte fixeron pública. Aproveita, así mesmo, para recordar que, aínda que o edificio está desocupado dende a Semana Santa do 2008, segue afectado por Educación, consellería que é a "única responsable" das instalacións.

García recorda que o Concello de Brión xa alertou acerca da situación de abandono do antigo instituto en varias ocasións e en distintos departamentos da Xunta de Galicia, e esixe á Consellería de Educación "que nos ofreza unha solución propia ou acepte a proposta que lle presentamos dende Brión para destinar este edificio a labores asistenciais e dá terceira idade, a través dun centro de día".
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion