versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión quere reconverter o antigo IES de Viceso nunha residencia da terceira idade

[17/10/2009]

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, recoñeceu que comparte a preocupación plasmada por veciños de Viceso en relación á deterioración que sofre o edificio do antigo instituto, que está abandonado dende o ano pasado e que nestes momentos pertence á Consellería de Educación. García recoñeceu que no que vai de ano enviou catro escritos a Educación, tanto na etapa do bipartito coma no goberno actual e a única confirmación é que a Xunta lle anunciou que nun prazo razoable daría solución ao problema.

Mentres tanto, dende o Concello propoñen reconverter o edificio nunha residencia para a terceira idade ou tarefas asistenciais. O propio García recoñece que hai empresas privadas interesadas en converter o inmoble nun residencia para maiores, pero para que isto sexa posible a Xunta debe desafectar o edificio.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion