versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta garante subministración plena de auga a Brión e Ames

[16/10/2009]

O futuro depósito e a estación terán capacidade para abastecer 40.500 veciños. A inversión será de ochoa millóns dos que os concellos achegan o 20%. Soluciona as graves deficiencias actuais. "Todos os cidadáns teñen dereito a un abastecemento e saneamento axeitados". O conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, respondía onte a unha demanda de anos nos concellos de Ames e Brión, a dunha rede de subministración acorde a un dereito básico en pleno século XXI.

O titular do departamento autonómico desprazábase a Ames só uns minutos despois de que o consello de la Xunta dese luz verde á construción dunha estación de auga potable e un depósito de cabeceira para garantir o abastecemento deste municipio e do veciño Concello de Brión. Ambas as dúas obras permitirán dar servizo de subministración de auga a 40.500 veciños, incrementando, cando poida funcionar xa a pleno rendemento, nun 40% a capacidade da rede actual. Dada esta posibilidade de cobertura, Hernández abriu a porta tamén á posibilidade futura de abastecer tamén dende este punto o municipio de Negreira. Non incluíu non obstante o de A Baña, co que tamén se contaba inicialmente cando se presentou publicamente o proxecto, iniciado por o Bipartito.

A contía global da obra ascende a máis de oito millóns de euros, dos que a Consellería de Medio Ambiente achegará o 80% e Ames e Brión o 10% cada un. A achega autonómica dividirase en tres anualidades, comezando neste mesmo exercicio cunha achega de 100.000 euros.

En canto aos prazos de execución, Hernández explicou que o proxecto estará licitado a finais do mes de outubro e as obras se iniciarán no primeiro trimestre de 2010, para estar totalmente concluída en 2011.

Con esta actuación viranse a solucionar as graves deficiencias na subministración que sofren actualmente ambos os dous municipios debido ao incremento poboacional experimentado nos últimos anos e que se traduciron en cortes e carencias de augas para os veciños, sobre todo de Bertamiráns e O Milla doiro, pero tamén de Brión ao se tratar do municipio máis afastado do punto actual de captación de augas, en Compostela.

Outras actuacións

Tras a presentación do proxecto de Augas, Agustín Hernández respondeu tamén a preguntas da prensa acerca doutras actuacións do seu departamento na bisbarra. Así ratificou a postura xa coñecida de flexibilizar a decisión de Augas de Galicia de anular proxectos de abastecemento e saneamento comprometidos polo anterior Goberno. Concretamente referiuse á proposta suprimida en Ames, explicando que existiu un erro técnico na auditoría que valorou negativamente a obra e asegurando que unha vez emendada esta cuestión se retomará a actuación prevista.

En canto á autovía Brión-Noia, que agora a Xunta contempla como corredor, o conselleiro negou que houbese un compromiso previo de que este fose tal autovía e ratificou a data de 2015 como prazo para a finalización dos traballos, valorando que "non existe ningún atraso".

ENTRE INSTITUCIÓNS

Colaboración

Tanto o alcalde de Ames, Carlos Fernández, como o de Brión, Xosé Luis García, destacaron onte a súa "plena satisfacción" polo acordo da Xunta e destacaron a estreita colaboración institucional demostrada, un aspecto no que insistiu tamén Agustín Hernández.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion