versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión poderá optar á Aula Mentor co telecentro inaugurado onte

[15/10/2009]

O novo local reúne 13 terminais e permite dende impartir cursos a establecer videoconferencias· Cabaleiro quere abrir un a media hora de cada fogar. Que a área compostelana conte cun novo telecentro supón corroborar a normalidade dotacional da Xunta. Pero que, nun municipio como Brión, que leva formadas a máis de 1.500 persoas a través de diferentes cursos de informática e ten outros tantos veciños que superan os 65 anos, tradúcese na posibilidade de complementar estudios mediante unha Aula Mentor. E, a partir do día de onte, xa é posible grazas ao local habilitado no antigo salón de plenos pola Secretaría Xeral de Medios, con Alfonso Cabaleiro á cabeza.

Trátase de 12 terminais de ordenador -e unha máis para o profesor-, onde o dobre de usuarios poderán establecer videoconferencias con calquera lugar do mundo ou asistir a disertacións ou cursos a distancia, entre outras posibilidades contempladas.

Onte arrancaba o servizo coa presenza de alumnos do colexio de Pedrouzos, que departiron cos seus compañeiros de Oroso. Dende alí, o propio rexedor, Manuel Mirás, saudaba o seu homólogo José Luis García e ao propio Cabaleiro, os que facían fincapé, dende o punto de vista autonómico, na aspiración de situar un local similar a menos de 30 minutos da residencia de calquera galego. E, dende o punto de vista municipal García anunciou que "estamos en contacto co Ministerio de Educación para poñer en marcha a Aula Mentor e darlle carácter oficial aos cursos".

A achega da Secretaría Xeral de Medios ao telecentro foi de 120.00 euros. Os usuarios teñen á súa disposición doce postos informáticos con lector de DNI electrónico, DCD, Monitor TFT de 17 polgadas e un headset con micrófono e control de volume, ademais de posto para profesor.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion