versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión promoverá o consumo local cunha guía de empresas e servizos

[06/10/2009]

O Concello pide a colaboración de sinaturas e autónomos para a súa elaboración. Apoiar o desenvolvemento económico do municipio fomentando o consumo local é o obxectivo que persegue o Concello de Brión coa posta en marcha da elaboración da primeira Guía de Comercios, Empresas Servizos e Profesionais. Para completar o traballo, dende o Concello pediuse a colaboración de empresas, autónomos e comercios, que poden participar de forma gratuíta na iniciativa.

Segundo a información facilitada pola axente de desenvolvemento local de Brión, Elisa Iglesias, na realización da guía está a colaborar de forma activa a asociación de empresarios Altamira, de crecente creación, entidade que se encarga da elaboración dun directorio de empresas.

Unha vez que estean recollidos todos os datos, tanto achegados pola patronal como por particulares, será cando se proceda á edición da guía que os responsables municipais esperan repartir antes da campaña de Nadal entre os veciños e veciñas do municipio, "co obxetivo de fomentar ou consumo nas empresas e comercios de Brión", segundo explica a axente.

Hai que indicar que non é a primeira vez que o Concello pon en marcha unha iniciativa a favor do consumo local. O ano pasado os responsables municipais editaron un díptico con información sobre os establecementos hostaleiros do municipio, un documento que foi repartido polas oficinas de turismo e concellos lindantes da bisbarra, segundo as fontes.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion