versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Triunfo e nova marca en Amaia

[06/10/2009]

Juan Pablo Fernandes gaña a Pedestre de Brión e rebaixa o tempo do santiagués Nimo. En féminas a vencedora absoluta da proba foi María Yolanda Gutiérrez Robles. Pouco máis de 18 minutos tardou o atleta portugués Juan Pablo Fernandes Rodrigues en facerse co triunfo na XXVII edición da Carreira Pedestre dá Amaia, en Brión, despois de percorrer 7 quilómetros do municipio. Con esta marca o corredor rebaixa ademais o tempo máis rápido do pasado ano obtido polo santiagués Pedro Nimo que investiu un minuto máis.

Malia as adversa climatoloxía, a proba contou coa participación de 200 adultos, dos 250 inscritos en principio, e 80 nenos en idades comprendidas entres os 7 e os 12 anos. A proba brionesa foi presenciada por numerosos afeccionados que non se quixeron perder o evento e os trofeos foron elaborados polo artesán local Nano Unzueta..

En categoría absoluta masculina subiron ao podio xunto a Juan Pablo Fernandes Rodrigues, Rubén Castro Portela e José María Vieito Vilacoba, segundo e terceiro respectivamente. A gañadora feminina foi María Yolanda Gutiérrez Robles, seguida de Raquel Suárez Pedrosa e Paula Mayobre González.

En categoría infantil destacar que correron xuntos rapaces e rapazas, e os tres primeiros premios para a categoría de 13 a 15 anos foron parar a Álvaro Veiga Vázquez, Paquillo Cendan Lloréns e David Liste Vázquez.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion