O Outono Cultural brionés trae dez obras ata decembro
[06/10/2009]
O Concello de Brión ten listo un programa titulado Outono Cultural no que se promoverá o teatro con 10 representacións, todos os sábados de outubro, novembro e decembro. Os espectáculos serán de entrada gratuíta e comezarán sempre a partir das 20.30 horas.
O programa deseñado en Brión, conta coa colaboración da Deputación de A Coruña e Xunta, e ten previsto poñerse en marcha no centro social polivalente de Pedrouzos o 9 de outubro con El Cine das Sábanas Brancas, que representará a obra Cachai. O 10 de outubro, Ás Driadas presentará o seu espectáculo de danza contemporánea Móve-T. Ao longo dos nove sábados seguintes terán lugar as segundas edicións dos ciclos de teatro Carballeira e Pedra do Moucho, a celebrar no polivalente e o teleclub de Ons.
Así, e ao longo do presente mes, haberá dúas sesións do ciclo de teatro en Pedrouzos: o sábado 17, Tiruleque Teatro representará Club PK2 e, o sábado 24, Nova Escena Teatro presentará O Lirio. Pecharán o mes Atlántida de Matamá coa súa obra A vinganza de Petra, esta vez dentro do ciclo de teatro afecionado Pedra do Moucho a celebrar en Ons.
Enlace a Tierra de Santiago