versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación financia a limpeza viaria brionesa

[06/10/2009]

Reserva 240.000 euros para cen actuacións e 48.822 para o novo estadio. O alcalde de Brión, Xosé Luis García, e o presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, veñen de subscribir un convenio de colaboración que permitirá inverter 240.000 euros en obras de mellora de pistas nas nove parroquias do municipio. Un total de 101 obras das que un total de 91 suporán a limpeza de cunetas, bacheo e reparación con zahorra ao longo de 81,3 quilómetros de pistas no municipio.

Ademais das obras nas pistas municipais, tamén se repararán a ponte de Vioxo de Abaixo e a fonte de Vioxo de Abajo, que será trasladado ao lavadoiro da zona. Ademais, mellorarase a iluminación pública en Fonteparedes (Ons) e Ons de Abajo (Ons), e acometeranse pequenas obras de saneamento na aldea de Gronzo (Brión), na fonte do Rial (Brión) e nun camiño desta mesma localidade.

Así mesmo, Fernández Moreda anunciou que a institución provincial destinará 48.822 euros para financiar as obras de construción de aseos e instalación dunha marquesiña metálica que cubra o graderío do campo de fútbol de Lamiño, traballos presupostados en 60.000 euros e que inclúen a construción dun corpo de aseos de 43,5 metros cadrados de cinco meses. Posteriormente ampliarase a cubrición.

Cobramentos en Santa Minia

Pola súa banda, o PP facíase eco dun informe de Intervención do ano 2007, que provocou o reparo do Tribunal de conincre, por cobramentos aos postos de Santa Minia sen consignación normativa axeitada. Dende o goberno local aseguran que se leva habendo 30 anos, e que se entrega factura a todos os feirantes.
 



Enlace a Tierra de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion