versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un alumno do Rosalía de Castro gana o certame nacional de investigadores

[06/10/2009]

O uso dun tipo de noz como deterxente deulle a Miguel Mas o primeiro premio na área de tecnoloxía. Os xenios non xorden da noite á mañá. Seguramente os inventores pasáronse a súa infancia probando novas técnicas, fallando e volvendo intentalo. Miguel Mas Montañés conseguiuno pronto. Agora alumno de primeiro de Medicina, e ata fai pouco do bacharelato internacional do instituto Rosalía de Castro, acaba de regresar de Málaga cun flamante primeiro premio debaixo do brazo, ao mellor traballo na área de tecnoloxía dentro do Congreso Nacional de Novos Investigadores.

A culpa deste galardón, dotado con cinco mil euros, tena unha noz. Cando en segundo de bacharelato este alumno se enfrontou á decisión de elixir un invento para este congreso, barallou varias ideas, pero o traballo da súa tía en Italia, nun proxecto de comercio xusto, axudoulle a despexar dúbidas. «Coñecía que noutros países se empezaba a falar do uso desta noz como xabón», explica.

A sapindus mukorossi é unha noz dunha árbore procedente de Nepal e India, onde dende tempos remotos se utilizou este froito como deterxente. Trátase dunha alternativa ecolóxica ás xabóns habituais, que son os responsables de parte da contaminación exercida polas augas residuais.

Miguel tiña un propósito, comprobar se as teorías que aparecían en Internet eran falsas, ou avalar o uso deste produto, algo que lle pareceu moi proveitoso por dous motivos, «porque se trataría dunha nova oportunidade de ser máis ecolóxicos, e por un motivo solidario coas rexións das que é orixinaria a árbore».

A partir da idea primitiva comezou a desenvolverse todo un proxecto que incluíu prácticas no laboratorio para demostrar o funcionamento das noces ou o seu nivel de contaminación. O primeiro foi positivo, e o segundo tamén porque con este sistema non se utilizan compostos para elevar o ph. Ademais, economicamente mesmo podería competir cos deterxentes de prezos máis baixos. O invento de Miguel foi seleccionado entre 225 traballos para participar no congreso de novos investigadores que se celebrou en Málaga entre os días 27 de setembro e 2 de outubro, e que foi inaugurado pola ministra de Igualdade, Bibiana Aído.

A presentación do proxecto de Miguel non decepcionou, ata o punto de que se levou o primeiro premio na súa categoría. «Antes estaba nervioso, pero cando cheguei alí todo foi mellor porque a xente foi moi amable». O xurado gabou a estrutura do proxecto, o desenvolvelo dun modo claro, e mesmo a novidade da temática. Aínda que modesto, a profesora do instituto Rosalía de Castro e coordinadora deste proxecto, Carmen Touza, recoñece que Miguel o fixo «francamente ben». Malia que traerse un galardón á casa é un aliciente máis, Miguel asegura que «só a experiencia xa foi moi interesante, porque aprendes a falar en público, coñeces outra xente e ademais ves outros proxectos». De feito, encantáronlle os que presentaron algúns dos participantes no certame, como o do seu compañeiro de cuarto, «que logrou facer material plástico a partir de follas secas».

A este novo compostelano quédalle agora unha longa carreira de Medicina por diante, pero non descarta a investigación neste campo. «Por agora esta foi soa a miña primeira experiencia científica, e a sensación é de moita satisfacción vendo que as cousas saen. Pero aínda hai que ver como se desenvolve a carreira», conclúe.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion