versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión non admitirá inscricións para a carreira pedestre despois do venres

[30/09/2009]

O Concello de Brión organizou para o próximo domingo a vixésimo sétima edición da Carreira Pedestre de Amaía, que, o ano pasado, reuniu 250 atletas de toda Galicia. A participación na tradicional proba é totalmente gratuíta pero, a diferencia doutras edicións, será obrigatorio formalizar a inscrición antes das dúas de tarde de venres xa que a organización non admitirá solicitudes o mesmo día da carreira. A decisión obedece aos atrasos xerados nos últimos anos debido a que os participantes esperaban ata o último momento para inscribirse.

Polo demais, a dinámica da carreira pedestre de Brión será a mesma que en anos anteriores, co que a entrega de números se efectuará o mesmo día da proba, antes das dez da mañá, na carballeira de Santa Minia, e para iso será necesario presentar o DNI ou calquera outro documento que acredite a identidade do participante. A competición establece, como de costume, as categorías de nenos e de adultos. Dentro da primeira realizaranse dúas probas, unha para nenos de entre 7 e 9 anos, e unha segunda para rapaces de 10 a 12 anos. En ambos os dous casos, o percorrido será de 500 metros. Pola súa parte os adultos competirán en once modalidades, diferenciadas en función do sexo e da idade dos participantes, que percorrerán 7 quilómetros.

A vixésimo sétima edición da carreira pedestre de Brión reserva 1.000 euros en premios, que se repartirán entre os seis primeiros gañadores absolutos: tres na categoría de homes e tres na de mulleres. O Concello entregará, ademais, trofeos aos tres primeiros clasificados das trece categorías existentes. Así mesmo, todos os participantes na proba que alcancen a liña de meta dentro do control recibirán unha camiseta como obsequio.

A competición dará comezo ás dez e media da mañá, hora prevista para o inicio da carreira infantil. Media hora máis tarde, iniciarán a proba por categorías os adultos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion