versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O primeiro día das festas de Santa Minia reuniu miles de persoas en Brión

[27/09/2009]

O Concello habilita hoxe dez aparcamentos para 5.000 coches, en previsión dunha afluencia masiva.

Miles de persoas achegáronse onte ata o ámbito da capela de Santa Minia, en Brión, para participar na segunda xornada das tradicionais festas en honra da patroa do municipio. O tempo acompañou e o sol fixo que só nas primeiras horas máis de cinco mil persoas pasasen polo ámbito da capela.

As orquestras Xoven e Capitol foron as encargadas de dar o pistoletazo de saída desta popular romaxe na noite do venres, amenizando a primeira das tres verbenas desta festa na que gozaron máis de tres mil persoas, non sendo poucos os que encadearon a verbena coa tradición de comer o polbo en Santa Minia.

Ao longo da mañá de onte as cinco pulperías situadas non deixaron de servir pratos de churrasco e polbo, pois comer este cefalópodo na romaxe de Brión é xa case unha tradición comparable a visitar a santa. Os postos, con capacidade para 200 persoas cada un, eran un constante entrar e saír de familias. A maior afluencia estaba prevista que comezase de noite, coa queima da fachada de Santa Minia e os lumes de artificio. Pero o día grande das festas será hoxe, xornada para a que espera unha afluencia masiva. O Concello ten disposto un dispositivo de vinte persoas e habilitará dez aparcamentos gratuítos para máis de 5.000 coches.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion