versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Minia reuniu máis de cincuenta mil persoas de Galicia e o norte de Portugal

[28/09/2009]

As festas de Brión superaron as previsións de asistencia dos organizadores. As festas de Santa Minia, celebradas ao longo da fin de semana, superaron todas as previsións dos organizadores, conseguindo reunir máis de 50.000 romeiros chegados de toda Galicia e norte de Portugal. A iso contribuíu, sen dúbida, o magnífico tempo que acompañou durante toda a fin de semana, cunha calor que invitaba a moitos romeiros a refuxiarse baixo as sombras da carballeira de Santa Minia, na que non faltou a boa música de charangas como NBA e Os Celtas de Negreira e a sesión vermú do grupo Aramio.

Onte, día grande de Santa Minia, foi o de maior afluencia de público, cunha marea de xente que emocionaba a Hipólito Berdullas, responsable da organización. «É impresionante -exclamaba-, no ámbito do paseo de Pedrouzos hai aparcados ducias e ducias de autobuses de todas partes de Galicia: de Muxía, de Lugo, de Ourense,... e ata hai excursións que viñeron dende Viana do Bolo»

Os organizadores falaban de alcanzar as 50.000 persoas pero, tras a marea de xente que acudiu na noite do venres, xa prevían que a media tarde de onte superarían esa cifra, como así foi. A queima da fachada da capela de Santa Minia e os lumes de artificio a cargo da Pirotecnia López reuniron máis de 10.000 persoas no ámbito da carballeira, moitas das cales gozaron ata altas horas da madrugada coa orquestra Compostela e o Grupo Assía.

A xornada do domingo destacou principalmente pola parte relixiosa desta romaxe. Paralelamente, as cinco pulperías instaladas no ámbito da carballeira non deron abasto nalgúns momentos. Cun prezo de 14 euros por porción de polbo ou de churrasco, foron miles as persoas que cumpriron coa tradición de comer o polbo en Santa Minia. Outros, os menos, trouxeron mesas e cadeiras e «acamparon» nalgúns dos moitos cantos verdes da parte traseira da carballeira.

As novas prazas de aparcamento dispostas polo concello de Brión, que este ano habilitou tres zonas novas para aparcar moi preto da capela, fixeron que o tráfico fose moi fluído nas horas de maior afluencia. Na avenida de Santa Minia e o ámbito da carballeira había dispostos máis de 300 postos de doces, embutidos, roupa, ferraxaría e máquinas de coser antigas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion