versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión agarda que uns 50.000 visitantes acudan ás festas de Santa Minia esta fin de semana

[23/09/2009]

As festas de Santa Minia darán comezo o próximo venres, pero a semana dos preparativos xa púxose en marcha. O Concello de Brión estima que participarán máis de trescentos postos de venda ao longo dos tres días que durarán as celebración. Ademais, ao coincidir o día grande en domingo, a organización espera que asistan preto de cincuenta mil persoas ás festas, cinco mil máis que o pasado ano.

O día 25 achegaranse varios conxuntos musicais dende as sete da tarde para amenizar a primeira reunión no ámbito da carballeira de Santa Minia. Acudirán a charanga Os Celtas e as orquestras Ritmo Xoven e Capitol.

O sábado lanzaranse os lumes artificiais e queimarase a fachada da capela que dá nome a estas festas. Na verbena tocará a orquestra Compostela e o grupo Assía. Durante a xornada, os pequenos poderán gozar coas atraccións, os hinchables e os pallasos Tule e Pan. O domingo, a misa solemne celebrarase ás 13 horas e, xa de noite, a orquestra Os satélites ofrecerá un concerto.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion